Friday 17 de May de 2024

Un total de 45 persoas participaron nos cursos de natación do Concello de Frades


 

Un total de 45 persoas, seis máis co ano pasado, participaron este verán nos Cursos de Natación organizados polo Concello de Frades. Unhas clases que tiveron lugar ao longo dos meses de xullo e agosto nas instalacións da piscina municipal de Frades, na parroquia de Papucín. O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, e os concelleiros de Deportes, Juan Carlos Portos Bra; Emprego, Jesús Miguel Prado Cea; e Piscina Municipal, Jesús Francos Sánchez, foron os encargados de entregar os correspondentes diplomas acreditativos ás persoas participantes.

Aínda que inicialmente estaba previsto que a piscina municipal de Frades pechara as súas portas onte domingo 1 de setembro, as boas previsións meteorolóxicas para esta semana fixeron que o Concello de Frades decidira manter abertas as instalacións ata este venres 6 de setembro, en horario de 15:30 a 20:30 horas.